Un total de 43 comercios sairán á rúa esta fin de semana para ofertar os seus produtos a prezos rebaixados. Unha oportunidade para os clientes de facerse cos eses artigos a un prezo máis económico e oportunidade tamén para os comerciantes que liquidan a mercadoría das pasadas campañas. Ademais dos artigos tradicionais este ano a novidade chegará da mundo do motor. Os prezos outlet só estarán dispoñibles durante o sábado e domingo nunha oportunidade única para adquirir as últimas existencias da tempada.

Nesta edición a limitacións de stands obrigou a restrinxir o número de participantes e serán 43 os establecementos con presenza na Feira, noutras edicións se tiñan superado o medio centenar de participantes.Moda, complementos e calzado representan o 60% dos postos da feira pero a variedade de produtos que nos podemos atopar é moi importante. Por primeira vez contarase con vehículos de ocasión na feira e se incorporan novas actividades con innovadores produtos no eido da eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías.

Fogar, decoración, agasallos, xardinería e incuso viaxes son algúns dos produtos que poderemos atopar nesta feira que o comercio vive como a o seu particular encontro anual no que queren por en valor o papel que o pequeno comercio xoga nas pequenas vilas e cidades.

A feira este ano presentará novidades en canto as actividades complementarias que se desenvolven durante a Feira: actuacións musicais en directo, zonas de degustación, xogos, talleres e moitas actividades que permitirán que as compras se transformen nunha alternativa de ocio para a clientela de todas as idades.