Redondela estrea o seu ciclo de monólogos co polifacético e televisivo Edu Soto o domingo 17 de Setembro no Multiusos da Xunqueira. Edu Soto comezou a súa vida prosefional presentándose a un casting da coñecida produtora El Terrat,  fundada polo  humorista Andreu Buenafuente finalmente  é escollido  pola súa interpretación do persoaxe  Mario Olivetti. A partir de entón aparece no programa ” Una Altra Cosa” onde ten moitísimo  éxito pasando a ser un dos mellores cómicos cataláns  da actualidade. Logo vivirían os seus grandes éxitos interpretando distintos personaxes  como el Neng, el Notario ou Miguel Chiclé. A súa vez aparece en distintas ocasións na pantalla caracterizando a personaxes como un masai, un astronauta, Miguel Marrón, David Mecha o David Bisbal. Sempre en clave de humor, o actor sempre ten unha gargallada que roubar ó seu  público.