A fábrica de “Regojo” comezou a súa andaina nos anos da posguerra confeccionando un pouco de todo , as guerreras para o exército nacional era naquel tempo o que máis saída tiña, pero pronto viría o que realmente deu o maior éxito á Fábrica, as camisas. Por aquel entón Regojo exportaba camisas fora de España e convertíase así nunha das mellores fábricas de España dando traballo a miles de persoas da Vila.

Tras varios anos de expansión houbo un feito que marcou desgraciadamente un recordo imborrable para todos os seus traballadores, o declive do imperio.

Nos anos 80 tras un cúmulo de circunstancias a fábrica de Regojo comezaba a derrubarse estrepitosamente e con ela os seus traballadores, xa que nun intento de salvala foran partícipes dun préstamo de 500 millóns de pesetas para intentar realzar novamente o Imperio.

O que máis perdura no tempo aparte da cheminea é os enfrontamentos que os traballadores e veciños de Redondela tiveron coa policía nacional daquela chamados ” os grises” . Redondelatv rescatou do arquivo unha documental de trinta minutos de duración que emitimos en dúas partes. Caras e rostros coñecidos no que cada un conta como foron eses duros momentos a caída dun imperio como foi a fábrica de camisas Regojo.