As instalacións deportivas e culturais de Vilar de Infesta celebraron o pasado sábado o 1 campionato de BMX de Redondela, centos de persoas achegáronse para poder ver as peripecias dos deportistas que dende a primeira hora da tarde e aproveitando un día de sol amosaron os seus mellores trucos.

Patinetes, bicicletas e mono patíns foron quen de deleitar ó publico asistente as peripecias destes intrépidos deportistas. O colectivo cultural “Tíralle do Aire” foi peza fundamental na organización do evento.