Mª del Carmen San José naceu en Madrid o 25 de decembro do ano 1926 foi filla do afamado escritor periodista e historiador Diego San José, poucos anos do seu nacemento tiveron que virse a vivir para Redondela xa que o seu pai fora condenado ó cárcere de San Simón por ter ideas distintas ó réxime.

Diego San José naceu na rúa Torrecilla del Leal de Madrid era o maior de 6 irmáns Fixo os seus primeiros estudos no Colexio de Montserrat e nas Escolas Pías de San Antón e desde moi novo sentiu a chamada das letras sendo un voraz devorador dos clásicos do Século de Ouro.

En 1931 coa chegada da II República adheriuse a ela, cando era un dos escritores máis populares de España, que xa escribira milleiros de artigos, trinta libros, máis de sesenta novelas. Aínda que nunca militou en ningún partido foi detido o 10 de abril de 1939 e enviado a prisión por dirixir durante tres anos o nada esquerdista Blanco y Negro; o Consello de Guerra condenouno a morte, conmutándose esta pola de cadea perpetua, grazas á intervención do xeneral José Millán-Astray, amigo e admirador do escritor.

A súa filla Mª del Carmen San José cóntanos que o seu pai comezou a escribir as súas memorias estando preso no Lazareto, e continuaría con elas cando foi trasladado o cárcere de Vigo xa que como dicían os falanxista “San Simón era unha cárcere moi pouco apropiada para os republicanos xa que estes tiñan que estar en peores condicións”.

Agradecemos enormemente o agarimo co que fomos recibidos pola súa filla Mª de Carmen e familia xa que sen a súa hospitalidade non sería posible facer esta reportaxe.