O traballo realizado por 36 voluntarios deu o seu froito na mañá do pasado sábado. Unha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente que busca concienciar na necesidade de manter limpos os nosos mares, ríos e praias e que se desenvolvía na areal de Soutoxuste rematou coa recollida duns cen quilos de lixo. Dende o departamento fan un chamamento tamén ao consumo responsable de auga, nunha situaicón complexa pola ausencia de chuvias que leou xa ao propio concello a reducir a rega e baldeo de rúas.

Do total retirado explica o concelleiro Miguel Ángel Álvarez que máis da metade, ao redor de 50 ou 60 kilos, foron cascallos e restos de obra, mentres que entre o restante atopouse un pouco de todo: rodas, unha cadeira, bolsas…”.

Unha xornada de voluntariado cuxo obxectivo é mellorar a calidade do medio ambiente, motivo polo que dende a Concellería esperan repetir en breve noutro espazo do litoral.

Aproveita o edil para facer un chamamento aos veciños para que, ante a situación de seca decretada pola Xunta, se extremen as medidas orientadas a reducir o gasto de auga e se acentúe o consumo responsable de auga. De feito dende o propio concello xa se reduciu tanto a rega dos xardíns como o baldeo das rúas.

Tamén lembra o responsable de Medio Ambiente que no caso de que algunha comunidade de augas teña problemas para garantir o subministro aos seus comuneiros dende o Concello se lles axudará no medida do posible a paliar o problema.