Sheila Patricia leva toda a súa vida acompañada da música os seus pais e avós tiveron o canto sempre presente deste xeito Sheila subiu moi cedo a un escenario, aínda que só fora por diversión. Co paso de tempo deuse conta que había un público agardando por ela e foi na visita a un concerto dun amigo cando se decatou que o seu futuro iría sería enriba dos escenarios.

“El camino de los sueños” é o disco que está a presentar nestes intres concretamente Redondela será a segunda parada de Sheila tras triunfar no teatro principal de Pontevedra.

Na conversa que tivemos con Sheila Patricia comentounos que os seus concertos son experimentais, que toda aquela persoa que teña gañas de descubrir “algo” poderá topalo este venres, de non ser así mellor que non vaian a escoitala.

Para todos aqueles que queiran gozar do seu espectáculo poderán facelo este venres 22 no Multiusos da Xunqueira a partir das 21 h prezo da entrada 5€ anticipada na reloxería Esther Docampo, Viaxes Loa ,Perruquería Sandra e tenda Super Barros, día do concerto 6€