En Outubro de 1702 a Ría viviu un suceso bélico que tivo unha gran repercusión en Europa, a famosa Batalla do estreito de Rande.Tras dito estreito refuxiárase una flota hispano- francesa da que formaban parte dezanove galeóns cargados de ouro e prata procedentes das posesións españolas en América.

Os buques foron atacados e case todos afundidos por unha gran escuadra anglo holandesa. Boa parte dos tesouros fóronse ó fondo lodoso da Ría, onde as lendas supoñen que aínda permanecen tras os moitos intentos de rescate que tiveron lugar ao longo dos Séculos XVIII e XIX

O historiador local José Crespo coméntanos cales foros as supostas cifras oficiais da Batalla e como foi ese terrible 23 de outubro de 1702