A Asociación Deportiva e Cultural de Rande celebrou a cuarta conmemoración da Batalla de Rande. Os actos comezaron o xoves coa realización dun coloquio a cargo de varios expertos no acontecido en Rande en 1702 ao día seguinte realizouse o desembarco das tropas na praia de Cesantes en Redondela, xa no día forte o sábado centos de persoas acudiron ata as inmediacións do museos de Rande para participar nos diferentes actos do día.

Un dos momentos máis emotivos foi a representación teatral por parte dos veciños da comarca e unha vez finalizado procedeuse ó xantar da Batalla. Xa a media tarde tivo lugar a repetición da obra de teatro e como fin de peche das xornadas realizouse unha tirada de fogos de artificio representando a cruel Batalla de 1072.