A Garda Civil investiga un veciño de Redondela de 32 anos por circular en motocicleta duplicando a velocidade permitida. Detectárono no quilómetro 114 da Nacional 550. A Garda Civil de Tráfico impútalle un delito contra a seguridade viaria. O condutor enfróntase a unha pena de prisión de ata 6 meses ou traballos a prol da comunidade dun máximo de 90 días. Tamén poden retirarlle o carné de conducir entre un e catro anos.

 

Fonte ;TVG