Nas últimas horas quedaron montadas as dovelas que faltaban dos novos carrís construídos en paralelo aos antigos, pero polo exterior da estrutura da ponte. As obras levan moito atraso sobre as previsións iniciais, pero agora xa se ve a luz ao final do túnel. Agora xa é posible cruzar Rande de punta a punta polos novos carrís, aínda non abertos ao tráfico. Atrás quedan meses de traballo moi intenso, e moi complexo. Había que izar e encaixar con precisión case milimétrica vigas prefabricadas de 90 metros e máis de 100 toneladas. O obxectivo é que se poda circular por estes novos carrís a principios de 2018, dentro dun par de meses.

 

Fonte :tvg