O Concello de Redondela organiza  un roteiro nocturno no día de Defuntos,  As 21:00 horas os que se inscriban previamente na Oficina de Turismo poderán participar dun roteiro que os levará a coñecer o cemiterios dos Eidos, dende a Concellería de Turismo organízase un roteiro a este espazo no que se explicarán todos os elementos a destacar e se falará dos personaxes históricos que se atopan alí soterrados. Un roteiro cun máximo de 25 persoas no que cómpre inscrición previa na oficina de turismo ou no teléfono 986401713. Neste vídeo amosamos un dos roteiros que se fixo hai xa algún tempo explicando quen e como é o cemiterio de Redondela.