A colección doada por Adriano Marques de Magallanes está composta por “150 pezas de gran valor social, económico, histórico e sentimental” en palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo quen acudiu á inauguración da mostra acompañado de numerosas persoas do ámbito da política e a cultura. A exposición quedará de xeito permanente nunha sala acondicionada para tal fin no edificio do albergue de peregrinos polo historiador Xurxo Constela.

Os visitantes que se acheguen á Casa da Torre atoparán unha mostra con pezas de gran valor histórico, cultural, social e económico, dunha firma que se configura como un selo de identidade e de construción cultural relevante para Galicia. Así o explicaba o presidente da Xunta nun emotivo acto celebrado no Multiúsos da Xunqueira e que serviu para presentar a exposición conformada por 150 pezas de Sargadelos doada polo exsenador e cónsul da República de Ecuador en Galicia, Adriano Marques de Magallanes.

 

Un acto que contou tamén coa presenza do director do museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle quen salientaba a relevancia da colección “por número de pezas pero tamén pola súas características que permite seguir a evolución de Sargadelos dende os seus inicios. “Un agasallo que aparella tamén un compromiso, porque será responsabilidade do concello saber potenciar este patrimonio”.

 

Fonte :Radio Redondela