Unha doazón “exemplo de xenerosidade” en palabras do alcalde Javier Bas quen afirmou que a elección do seu emprazamento na Casa da Torre responde á necesidade de buscar un espazo que estivese acorde coa importancia da exposición, un edificio do século XIII que será visitado polos veciños de Redondela pero tamén por centos de visitantes que pasan polo noso concello Camiño de Santiago e que coñecerán esta cerámica representativa da cultura galega.

Unhas colección que Marques de Magallanes decidiu doar ao concello como xesto de agradecemento a vila de Redondela “polo cariño que sempre profesou á miña familia”.