Núñez Feijoo destacou tamén a relevancia da colección na que se inclúen “xoias como os pratos decorados con motivos de El Quijote ou unha serie de cerámicas brancas da primeira etapa de Sargadelos con máis de 200 anos de antigüidade” Así mesmo, lembrou que en Sargadelos atopamos, tamén, “o xerme” da Galicia industrial. “Probablemente moitos consideraban imposible que unha fábrica así se puxese en marcha na Galicia do século XIX”, dixo, ao que engadiu que ese complexo industrial, que foi declarado Conxunto Histórico Artístico, é un símbolo da Galicia emprendedora.  Nesta liña, Feijóo afirmou que os visitantes que se acheguen á Casa da Torre atoparán unha mostra permanente con pezas de gran valor que será referente nas guías cando falen de Redondela.