Pablo Ortega foi todo un referente no deporte non só en Redondela se non a nivel europeo na disciplina do Wu Shu atrás quedaron os seus anos de loitador o cal era un rival moi duro a bater, entre os seus logros destacan o Campionato de España. 8 veces 1º e 2 veces 2º. Campionato de Europa. 2 veces 2º. Campionato do Mundo. Un 3º posto en 1997 en Roma e un 5º posto.

Deportista autodidacta baseou todo o seu talento a base de esforzo e superación, a día de hoxe é adestrador de Wu Shu en Arcade e tamén en Ponteareas aínda que de forma altruísta. Recentemente ven de competir no campionato do Mundo en Kazan, esta vez como técnico da Selección Española.