As xornadas arrancarán con diferentes charlas e coa participación de expertos en inclusión educativa para persoas con diversidade funcional como a directora do centro educativo Aspanaex, Mª José Ramos e o psicólogo do mesmo centro, Juan José Fonseca. Tamén se achegarán iniciativas e proxectos como os “Patios e parques dinámicos” de Gey Lagar.

En horario de tarde haberá obradoiros nos que se abordarán os problemas na aprendizaxe escolar e temas as veces especialmente difíciles de abordar como é a educación sexual na infancia e adolescencia. Unha cuestión que analizará a experta en sexualidade humana, Débora Baz Rodríguez.

As xornadas rematarán con outro obradoiro práctico no que se fala de cómo aplicar o método dos patios e parques dinámicos que buscan que nenos con trastornos do autismo se integren e se sintan cómodos en espazos sen regras, como adoita ser o tempo do recreo.