Para todos os redondelás a tradicional danza das Penlas é algo colidida que estamos afeitos a elas, pero dende hai varios anos Redondela é coñecida fora de Galicia entre outras cousas por este baile singular das Burras e máis as Penlas.

Varios foron os directores de cine que recolleron este singular baile, un dos directores de cine de xénero documental Jacinto Esteva filmaba unha película de nome “Lejos de los árboles” na cal recollía todas as festas singular de celebración en España, e por suposto Redondela é parte do filme.

Aló polo ano 1973 as cámaras de TVE achegáronse ata Redondela en busca das “Penlas” e as “Burras” para gravar o baile, as imaxes que se mostran a continuación forman parte da gravación, gracias a hemeroteca de TVE podemos hoxe en día gozar do acontecido nesa época e recordar para moitos de nós por primeira vez de como eran os canastros antes da súa demolición da rúa Cabo dos Fumeiros