Tanxarina é un dos referentes dentro do teatro de monicreques de Galicia un dos seus espectáculos máis coñecidos e representativos é o Titiricircus que xa ten 28 anos de existencia con milleiros de funcións por todo o mundo. Titiricircus foi estreado en Austria cunha esencia de espectáculo de rúa que por aquel entón non era doado resistir a unha época na que apenas había cultura de monicreques.
Neste vídeo de Redodnelatv retrocedemos no tempo e viaxamos ata o programa Noite de Estrelas nos anos 80 presentado por Pemón Bouzas. Quino Vilas, Tatán Cunha e Miguel Borines eran os integrantes de Tanxarina por aquel entón.