O concello de Redondela recibiu a Laura Portela alumna do IES Pedro Floriani por acadar un expediente académico do mellor na nosa comunidade . Para estas probas convocadas pola Xunta de Galicia os alumnos que se presenten teñen que ter unha nota de 9 ou superior durante os catro cursos da ESO para finalmente rematar nunha proba dun día realizando exames comúns ou ben probas especificas .

Laura Portela acadou a terceira mellor nota de Galicia e como nos conta a súa nai Fátima Couñago Laura é unha rapaza moi aplicada no día a día nunca deixando os estudos para a última hora.

Ase meso Portela combina os estudos coas clases de inglés na escola oficial de idiomas e como clases extra escolares escolleu labores, para a súa mestra de bioloxía Mª Jesús Leis Laura é alumna moi participativa inclusive cos seus compañeiros de clase xa que as veces Laura apoiase nos seus compañeiros á hora de axudarlles coas asinaturas.

Para o centro Pedro IES Floriani o caso de Laura non é o primeiro xa que noutras ocasión teñen acadado moi bos postas neste tipo de probas académicas.