Estaba acusada de intentar roubar un banco empregando gasolina, pero ao final conseguiu eludir o cárcere no xuízo que se celebrou esta mañá en Vigo. A procesada recoñeceu os feitos e aceptou un ano e nove meses de prisión.

Está acusada por un delito de tentativa de roubo con intimidación en grao de tentativa polo asalto dunha entidade bancaria de Redondela. Durante a vista de conformidade que se celebrou nos xulgados de Vigo, a muller recoñeceu os feitos e aceptou un ano e nove meses de prisión. A pena queda suspendida se non delinque durante un período de tres anos, polo que non tería que ingresar no cárcere.

Os feitos tiveron lugar no 2013 cando a muller entrou na sucursal bancaria, na actualidade xa pechada, coa intención de roubar. Unha vez no interior sacou do bolso unha botella con gasolina coa que xiringou os tres traballadores da entidade. A continuación sacou outro bote e e regou o solo ao tempo que ensinaba un chisqueiro. Finalmente fuxiu da sucursal sen cartos e sen causar feridos.