Rosa é mestra do IES Mendiño e sempre partícipe cos seus alumnos á hora de realizar actividades externas aos estudos neste ano coa colaboración do departamento de relixión e de plástica levaron adiante dentro das actividades do día 25 de Novembro varios traballos para reivindicar a violencia machista .

Dous dos protagonistas dos traballos realizados son Mariña e Miguel, por parte de Mariña foi quen de debuxar parte da campaña que foi levada ó Concello esta mañá dentro do marco do día 25 de Novembro e tamén participou na elaboración da decoración do propio centro de estudos , por parte do seu compañeiro de estudos Miguel foi encargado de ler esta mesma mañá o pregón .

Son 44 as mulleres asasinadas no que vai de ano e tanto Rosa como Mariña e Miguel son conscientes da grave problemática que esta a suceder e consideran que todavía queda moitísimo traballo por diante sobre todo no eido da educación. Unha vez máis o IES Mendiño volveu estar presente nun dos días máis importantes do ano.