O centro IES Mendiño como cada ano participa activamente no 25 de Novembro día da Violencia de Xénero, un centro educativo no que os alumnos e alumnas están moi concienciados grazas aos mestres e mestras. Un alumnado moi volcado e particípete xa que con varios días de antelación puxéronse mans a obra na elaboración de distintos murais contra a violencia de xénero, xa que hoxe en día os estudantes do IES Mendiño é moi consciente do que está a suceder na sociedade machista na que vivimos.

Antía Collazo foi unha das autoras das obras poéticas lidas hoxe á mañá polo alumnado dentro dos actos que o Concello de Redondela está a organizar nestas datas, o seu compañeiro de estudos Manuel Estévez foi un dos escollidos como altofalante e representando o IES Mendiño está maña para amosar a todos os asistentes que os máis novos tamén están concienciados da violencia machista.

Un ano máis o centro educativo volveu estar á altura á hora de participar en calquera dos actos que se lle propoña e sobre todo nunha problemática tan importante como a da violencia de xénero.