Contan os veciños do pobo que o domingo pasado non había sitio para que aparcaran os coches dos curiosos que se asomaron ao encoro de Oitaven, un dos que da de beber a Vigo e a súa área metropolitana. Pese a que non alcanzou aínda os seus mínimos históricos, trátase sen dúbida dun espectáculo. Un triste espectáculo, en realidade. «Díxomo a miña aboa , que quedara destapada a ponte pola que ela cruzaba hai moitos anos. Non mo cría, pero é verdade». Vanessa ten 29 anos e paséase po lo que normalmente sería o fondo do pantano. Ven da ponte medieval polo que cruzaba a súa avoa e a súa cara é un poema: «Nunca pensei que chegariamos a este punto, a esta nada».

 

Fonte: A voz de Galicia