En Redondela, fai xa meses que as restricións son habituais. No barrio de Asnelle, un populoso barrio da parroquia de Reboreda, son xa especialistas no aforo hídrico: «A min gústame ducharme, pero agora fágoo menos. Parezo o pau do galiñeiro», bromea Manuel Figueroa. O que non é ningunha broma é a charca valeira que hai detrás da súa casa: «Levo aquí 53 anos e nunca a vin así».

O can que nos acompaña entra e sae do oco seguramente contento de poder facelo sen mollarse. Aquí, en Reboreda, a comunidade restrinxiu a agua a douscentos litros diarios. É o último recorte, porque as cantidades a xestionar foron diminuíndo a medida que os recursos hídricos da comunidade mermaban.

«Agora temos menos problemas, pero porque fixemos un pozo este verán», explica Sandra, una veciña do barrio. A familia viuse acurralada pola escaseza e pensaron que a mellor inversión era facelo pozo e atopar unha solución. Custoulles 3.500 euros, pero dannos por moi ben empregados.