Ardeu unha vivenda en Redondela, e dúas persoas precisaron asistencia. Do lume avisou o propietario da casa, situada no lugar de Outeiro das Penas. Como consecuencia do incendio, unha persoa sufriu un ataque de ansiedade, e outra quedou intoxicada por inhalación de fume. Acudiron os Bombeiros do Baixo Miño, Policía Nacional e Protección Civil. De momento non se saben as causas do incendio, que arrasou por completo o ático da vivenda.