En moitos puntos de Galicia a seca obriga a utilizar cisternas para abastecer casas, explotacións gandeiras, barrios… ata parroquias enteiras. Temos un exemplo en Redondela, onde os veciños están á espera de que lles manden os camións con auga. Mentres, teñen que ir ás fontes e arranxarse co que hai. Nalgún caso, con 100 litros por día.Os problemas pola seca agrávanse cada vez máis en Redondela pola falta de chuvia. Se a semana pasada o Concello tivo que levar dous camións cisterna con 17.000 litros a tres barrios, agora son tres parroquias as que o solicitan.

As comunidades reduciron o límite máximo de consumo por vivenda, e nalgúns casos a 100 litros por vivenda e día, a outros reducíronllelos de 1.000 a 400. Moita xente acode ás fontes para abastecerse de auga. O Concello ten que agardar polo visto e prace de Sanidade para poder abastecer con camións cisterna os veciños afectados.