Unha muller de Redondela, de 57 anos, permanece ingresada en estado grave logo de que un veciño a atacara cun sacho. O suposto agresor foi detido, e xa foi traladado aos xulgados para prestar declaración.

Este é o lugar na parroquia de Ventosela, en Redondela, onde se produciu a suposta agresión. Serafina, a vítima, estaba collendo auga nun rego, e segundo relatan as testemuñas foi agredida polas costas, e sen motivo, por un veciño.

O suposto agresor, a quen na zona alcuman como ‘O Negro’, xa protagonizou noutras ocasións outros episodios de violencia, segundo din os veciños.
Serafina foi trasladada en ambulancia, e permanece ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro. O seu estado é grave.

A Policía Local detivo o suposto agresor que xa pasou a disposición xudicial en Redondela.