Temos unha última hora. Sanidade detectou na auga da traída de Vigo niveis de ferro que superan o máximo permitido, e que poderían obrigar a prohibir o seu consumo. Estes niveis atopáronse en varios puntos da rede que abastece Vigo, Moaña, Redondela e o Porriño. Antes de confirmar estes datos están á espera dos resultados dunha nova analítica. De momento, non se decretou a alerta sanitaria.