Coa presencia no lugar dalgúns dos parentes dos represaliados, o lugar da escavación confirmouse como unha das zonas do seu enterramento nunha foxa común en 1936. Os membros da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) atoparon onte tres dos corpos dos republicanos orixinarios de Boimorto que foron paseados no Amenal, no concello do Pino, próximo ao aeroporto de Labacolla. Os traballos dirixidos polo arqueólogo da ARMH, Javier Ortiz, consistiron en delimitar a foxa, para proceder seguidamente á exhumación individualizada dos corpos.

Nesta foxa atopáronse os restos de: Isidro Filloi López (de Parabico), Andrés Filloi López (de Andabar), Ramón Vázquez Garea (de Cheda), Ramón Sánchez Rapela (de Orros) e Caitán das Quintas (das Quintas). Rematada a exhumación, o equipo de arqueólogos se dirixiuse ao municipio de Ames, no que se exhumará outra foxa común da que esperaron os corpos de Manuel Espiñeira, de Bertomil; Ramón Enjamio Pombo, de Granada; Antonio Felpete Budiño, de Os Curras; Juan Martínez Bao, de Boimorto; José Tojo, de Cardeiro e José Barreiro Pérez, de Cardairo.

Redondelatv,estivo presente na exhumación da foxa, asistimos a momentos moi duros tanto polo que se podía atopar como pola agonía das familias alí presentes que agardaban recuperar os restos dos seus familiares asasinados.