Languidecen sobre a Ría como esqueletos metálicos, pero foron pezas crave no desenvolvemento económico de Vigo a principios do século XX e nos anos 50. Desde os vellos cargaderos de mineral de Rande partían cara ao resto do mundo buques cargados de wolframio, ferro e estaño extraídos do interior de Galicia. Tamén as súas estruturas voladizas son un exemplo das innovacións da época. Un estudo realizado por tres enxeñeiros de minas reivindica o valor patrimonial de ambos os peiraos e propón recuperalos como puntos de atracción turística para dar a coñecer a historia da cidade e impulsar novas actividades económicas na zona.

 

Fonte :Faro de Vigo, Sandra Penelas

Imaxes: Manuel Calabera