A asociación PIYOPI xunto a Odisea Factory Dance e o Concello de Redondela presentaron na mañá de onte o primeiro espectáculo musical “Había unha vez” é un escenario Musical Solidario a favor da Infancia a través da ONG Unicef. Unha fada Madriña, Pinocho, Brancanieves, Caperucita, e os compoñentes da escola de baile Odisea Factory Dance serán os protagonistas do espectáculo O musical celebraráse no Auditorio A Xunqueira o vindeiro sábado 16 de decembro ás 17:00 o prezo da entrada é de 5€ o prezo individual e 12€ o abono de 4 persoas da familia, todos os beneficios do evento irán destinados a ONG Unicef.