Dende a semana pasada o comercio de Redondela deu por comezado a campaña de Nadal, unha das datas máis fortes para o comercio da Vila. Redondelatv visitou o establecemento de Coco & Colet onde puidemos falar coa súa propietaria Belén Abelleira para que nos comentara en que consiste unha das campañas máis esperadas polos comerciantes, a campaña de Nadal. Aínda que fai pouco que rematou a campaña de Black Friday sendo todo un éxito para Belén esta campaña é toda unha expectativa xa que o bo tempo que estamos a ter creou un pouco de incertidume respecto ás vendas.