Na rúa Prego de Montaos número 15-17 atópase un dos centro dos que dispón o Centro Ocupacional Lenda. Neste centro ocúpanse do traballo artístico dentro das distintas variedades nas que traballan, o Centro está integrado por unhas 15 persoas das cales a maioría delas fan todo tipo de traballo, xabróns, chapas, cadernos, axendas etc cada cal máis bonita que a anterior.

Jose Bemposta é unha das persoas que máis activas está no Centro polas súas mans pasan centos de cadernos e axendas que tanto están a ser demandadas nestas datas, Bemposta explícanos como é o proceso do traballo que alí están a facer.

Por outra banda Benjamín coméntanos que todas as persoas que integran Lenda teñen o mesmo protagonismo, “dentro das posibilidades de cada un imos pasando por todos os traballos “, a semana pasada o Centro montouno un posto na feira de Nadal que organizou o concello de Redondela e víronse superados tras tanta demanda de artigos que venderon.

Tanto Jose como Benjamín apuran os últimos días de decembro para poder chegar en tempo á demanda do Apalpador que quedou de pasar un día antes polas instalacións de Prego de Montaos para recoller os centos de agasallos de Nadal.