Carmen Varela está ao cargo das instalacións das que dispón o centro ocupacional Lenda na rúa Prego de Montaos, leva gran parte da súa vida adicada a ensinarlles aos integrantes do Centro todo tipo de traballo artístico como pode ser encadernacións, pintar, deseño etc.

O grupo deste Centro está formado por 10 usuarios dos cales na súa totalidade adícanse á artesanía, o noso forte é a encadernación explícanos Varela xa que foi co que comezamos a traballar pero aos poucos imos metendo máis novidades para non estancarnos.

Este ano estamos a traballar como novidade a la meriña, é un tipo de la coa que facemos pendentes,chaveiros, bonecas etc, é un traballo moi custoso xa que na súa totalidade e artesanal, a xente as veces non sabe o traballo que dá de aí que este tipo de traballos teña un custe un pouco elevado.

No Centro tamén recollemos todo tipo de encargo para agasallar, así que si alguén quere facer un agasallo pode achegarse polo Centro e encargar calquera tipo de traballo