O ministro de Fomento di que unha parte da suba da peaxe da AP-9 vai demorarse uns meses á espera do ditame preceptivo do Consello de Estado sobre as obras da ponte de Rande. Íñigo de la Serna di que está disposto a negociar coa Xunta de Galicia bonificacións ou mesmo a supresión da tarifa en Redondela, pero sen que o Ministerio asuma o custo.