Tras un outono atípico pola escaseza de chuvia, a chegada das precipitacións fixo que a fervenza da Feixa volva lucir como é habitual nesta época do ano. Este salto de auga atópase en Redondela e trátase dun dos principais atractivos turísticos deste concello. A última chuvia devolveulle a súa espectacularidade á fervenza da Feixa. O popular salto de auga de Reboreda, no concello de Redondela, loce en todo o seu esplendor tras un outono seco. A enchente do cauce transforma este lugar nun dos máis vistosos pola forza da auga e a súa contorna.

A senda ata a fervenza foi construída no 2014 para incluír esta zona natural nun dos puntos de interese municipal e trátase dun dos lugares máis concorridos durante o inverno. Os máis vellos do lugar xa se bañaban nesta zona. Neste lugar construíuse unha pasarela con escaleiras de madeira que permite gozar desta fervenza dende a base así como dende a zona superior onde hai uns muíños de auga.