Os radares fixos que a DXT ten instalados nas estradas españolas recaudaron este ano máis de 63 millóns de euros en multas por exceso de velocidade. o que máis multa aqui en Galicia está aí en Redondela. Este radar fixo situado no quilómetro 146,9 da estrada Nacional 550 en que a velocidade está limitada a 50 foi o que máis recaudou este ano en Galicia. Puxo máis de 15.200 multas por exceso de velocidade que se traduciron en case 750.000 euros recadados.

É o que máis sanciona de Galicia e está tamén na lista dos 25 que máis sancionan en España.
Está situado nesta estrada convencial dun carril por sentido na que hai casas e que soporta unha cantidade de tráfico importante. As estradas galegas contan con 32 radares fixos dos 375 que hai en toda España, a maioría situados en autovías e autoestradas.Por comunidades, os que máis multaron este ano foron os de Andalucía e Castela e León e os que menos os de Cantabria, Asturias e Estremadura.