Xoán Alonso leva moitos anos fora da Vila , pero como di Alonso ” Nunca me esquezo de Redondela” . Xoán comezou ben novo a tocar a guitarra e a xogar ó fútbol, foi porteiro do C.D Choco e por aquela época non era nada doado marcarlle un gol. Xoán Alonso é un artista polifacético dende cativo xa estaba predestinado a estar enriba dos escenarios e así o fixo na época dos anos 90 co grupo que por aquel entón revolucionaba a Vila ” Trasgo”.

Un dos seus mestras á hora de aprender as súas primeiras notas musicais foi Suso Ben o cal Alonso agradecerallo o resto da súa vida, considera que Suso fixo e fai un bo traballo cultural en Redondela. A comezos do ano 2.000 Xoán Alonso emigraría a terras vascas onde alí medraría como músico e poeta, foi en Rentería onde coñeceu a súa muller actual Mónica e onde formaría a súa familia.

Xoán aínda que está lonxe da súa terra segue as noticias por internet e está ao tanto do que acontece na Vila. Dálle mágoa deixar Redondela pero como di el mesmo ” A vida nunca sabes por onde te vai levar” a día de hoxe é o presidente da Casa Galega en Rentería e adora todo o que teña que ver coa súa terra de nacemento.

Dende Redondelatv agradecemos a visita de Xoán ós nosos estudios e queremos darlle as gracias e toda a sorte do mundo xa que para nós é moi apreciado como persoa e querido como compañeiro. Xoán sorte pola vida esteas onde esteas