O edificio Multiusos da Xunqueira, de Redondela, acolle ata final de ano, unha ampla mostra do artista vigués Xabier Lemos Godoy. O veterano pintor ten sona coma retratista de persoeiros como o papa Juan Pablo II ou o rei emérito Juan Carlos Primeiro. Nesta exposición amosa a súa faceta costumista, que conxuga o realismo romántico co mundo das fadas.