A Policía Nacional detivo dous mozos, un de Vigo e outro de Sanxenxo, por darlle unha malleira a un rapaz de Redondela. Presuntamente recoñecérono porque saíra nun diario británico durante unha manifestación en contra da independencia de Cataluña. Impútanlles agora un delito de odio e outro de lesións.

Os feitos sucederon en Vigo o pasado 10 de decembro ás seis da mañá. Os dous detidos, de 23 e 24 anos, agrediron sen mediar palabra un mozo de 21 anos. Supostamente recoñecérono porque participara nunha manifestación a favor da unidade de España no mes de setembro. Entón saira na portada do diario Británico The Guardian. Segundo relatou a vítima, dende aquela recibira varias amezas a través de Internet, pero nunca denunciou.

Durante a malleira, o rapaz recibiu golpes por todo o corpo e quedou inconsciente e foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Rompeu varias pezas dentais e múltiples contusións.Durante a investigación os axentes determinaron que catro mozos participaran na malleira e que estaban relacionados co círculo radical do fútbol.

Identificaron dous deles, aos que lles imputan un delito de odio e outro de lesións, negaron os feitos e quedaron en liberdade á espera de ser citados no xulgado. A Policía agarda poder deter os outros dous nos vindeiros días.

Fonte TVG