Centos de nenos e nenas agardaban polos Reis Magos dende primeira hora da tarde na rúas de Redondela, tregua dada pola choiva fixo que a cabalgata saíra dende Vilavella sobre as seis da tarde. En apenas media hora dende a saída as súa maxestades de Oriente facían acto de aparición nas inmediacións do Concello.

A escasa choiva caída sobre as sete da tarde non foi quen de aguar a festa aos máis cativos e cativas da Vila que non paraban de demandar caramelos ao paso das súas maxestades . Unha vez rematado o paso da cabalgata os tres Reis Magos acompañados dos paxes acudían ó concello onde alí o alcalde de Redondela Javier Bas agarda por eles. A entrega do ouro, incenso e mirra foi realizada no Belén vivinte para acto seguido subir o edificio da casa Consistorial onde os máis impacientes comezaban a subir onde as súas maxestades para pedir todo regalo de última hora.