O problema causado polo cambio climático fixo que Galicia vivira unha das peores épocas de seca dende hai moitos anos, o pasado 2017 foi un dos peores anos en canto a choivas caídas na nosa comarca, unha das vías principais de abastecemento de augas para a zona de Redondela, Arcade e Vigo entre outros é o encoro de Eiras.

Eiras viuse afectado gravemente ó estar por debaixo dos límites establecidos como de alarma para o consumo de auga nas vivendas, o concello de Vigo por medio do seu alcalde Abel Caballero acordou facer unhas obras que transvasarían auga dende o río Verdugo ó seu paso por Pontecaldelas e Arcade ata o encoro de Eiras situado en Fornelos de Montes .

Varias asociacións, veciños e partidos políticos están a manifestarse contra dito trasvase polos danos medio-ambientais que ocasionaría as obras sobre todo aos bancos marisqueiros do concello de Soutomaior.

A Asociación de Electores de Redondela levou unha moción o pasado pleno do mes de decembro en apoio aos colectivos posicionados en contra da obra.