O B.N.G presentou no pasado pleno unha moción sobre as grandes superficies comerciais xa que consideran que o concello de Redondela está sendo afectado pola proximidade dos centros comerciais limítrofes sobre todo co concello de Vigo . Nos últimos meses estase a falar dunha nova área comercial no término de Cabral .

A instalación deste macrocentro comercial no monte comunal de Liñeiriños-Cabral suporía un golpe moi duro para o sector do pequeno comercio e de proximidade, coa perda estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes, como no caso do concello de Redondela.

Un dos sectores da nosa economía local vería comprometido o seu futuro tal e como tamén denunciaban dende a propia Asociación de Empresarios do noso concello, motivo polo que reclaman ao pleno que se inste á Xunta a aprobar unha motaroia de dez anos na concesión de licenzas para grandes áreas comerciais.