O viño Ribeiras do Morrazo acaba de ser incluído na lista de Indicacións Xeográficas Protexidas pola Comisión Europea, ademais de rexistralo como Denominaciñón de Orixe Protexida na Unión Europea. Era unha petición de sete adegueiros de oito concellos do sur da provincia de Pontevedra: Cangas, Bueu, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa. En total producen entre 20.000 e 30.000 litros anuais en máis de dous mil trescentas hectáreas.