Serramoura conta a historia dunha pequena e tranquila vila do interior de Galicia. Unha vila que vive da explotación madeireira e na que dúas familias, os Soutelo e os Fiuza, loitan por facerse co control. Miguel Borines encarna a Moncho o pai de Marga. Alcohólico, amargado e cheo de rancor cara o mundo, hai anos que Moncho perdeu a esperanza, e as ganas, de ser feliz. Como única vía de escapa a súa amargura, Moncho bebe. E bebe moito.