Tempo xa para o adianto informativo. Irene Lourido tráenos as novas máis destacadas do Telexornal Medioía que despois lles ampliará ás 2.25. Bos días Irene. Xa coñecemos a data da vindeira xuntanza da comisión mixta para a Autoestrada do Atlántico. Representantes da Xunta e do Ministerio de Fomento reuniranse este martes. O goberno galego intentará concretar con Fomento novos compromisos para aliviar a carga económica desta autoestrada do Atlántico ao erario autonómico e aos petos dos ususarios. O ministerio de Fomento amosaríase disposto o estudar a bonificación das tarifas en Redondela, tal e como viña demandando a Xunta.