A parroquia redondelá San Vicente de Trasmañó celebrou esta fin de semana as festas patronais que incluiron citas relixiosas, musicais, verbenas, propostas para os máis pequenos, unha concentración de coches clásicos e a IX edición da festa do cocido, que tivo lugar o domingo 21.

Que mellor proposta para unha fría xornada dominical no mes de xaneiro que degustar un bo cocido. Iso é o que pensaron os organizadores desta cita gastronómica hai xa nove anos. Unha proposta exitosa que atrae edición tras edición a máis público e que permite aos comensais degustar un completo cocido, baixo unha carpa climatizada “como se estivera nun restaurante, servido por camareiros profesionais e sen ter que agardar”. Degustar o cocido é unha das propostas que nos deixa o programa de festas que arranca este mesmo sábado cunha concentración de coches clásicos ás once da mañá e degustación de callos.

 

Fonte ;TVG