O choco é por excelencia o produto gastronómico máis importante para a nosa Vila, gran parte das capturas na enseada de San Simón expórtanse diariamente fora de Galicia. A confraría de pescadores de Redondela San Juán levan anos innovando sobre cal é o mellor xeito de preparar o mar para a súa cría.

Por desgraza o cambio climático está a poñer en perigo o traballo dos pescadores de Redondela xa que por mordas fortes choivas hai anos que este cefalópodo escasea na súa captura, un dos métodos artesanais que utiliza a Confraría é a de somerxer unha morea de rama de piñeiro no fondo do mar, deste xeito o choco vai depositar os seus ovos nas ramas dos piñeiros.

Clemente Bastos é o patrón maior da Confraría e este ano tivo a idea de darlle unha volta ó método que viñan empregando nos últimos anos, o sistema e practicamente o mesmo pero de distinto xeito, desta vez decidiron crear un “Bosque Mariño” que consiste en empregar 50 árbores de piñeiros en bases de formigón e aceiro simulando un bosque nas profundidades da ría.

Bastos explica que deste xeito se garante unha mellor reprodución dos ovos xa que deste xeito o pino está fixo na base somerxida é non hai perigo de que as correntes mariñas o desprazen pola ría.

Deste xeito Redondela convértese no primeiro lugar do mundo en crear un “Bosque Mariño”para a cría do choco, Redondelatv seguiu todo o proceso de creación, dende a captura do piñeiro ata o traslado do mesmo á ría.

Fonte vídeo. España Directo