Os condutores que circulen pola AP-9 entre Vigo e Redondela non terán que pagar peaxe. É o compromiso do Ministerio de Fomento, pero de momento, non hai data para a supresión. Non, non hai prazos, pero si vontade e compromiso do Ministeiro de Fomento para liberar da peaxe este treito da autoestrada. É unha das reivindicacións que hoxe levaba a Xunta de Galicia á comisión de seguimento da AP-9. O secretario de Estado de Infraestruturas acepta esa petición e dixo que agora hai que abrir un proceso de negociación coa concesionaria para que no prazo máis breve posible os coches poidan circular entre Vigo e Redondela de balde, sen ter que pagar peaxe.

Sen peaxe na AP-9 entre Vigo e Redondela. Fomento ábrese a negociar coa concesionaria a liberación deste treito da autoestrada. Julio Gómez-Pomar, secretario de Estado de Infraestruturas. É a fórmula do Ministerio de Fomento. Ahora tratará coa concesionaria o impacto da medida. Por iso non hai prazo para a desaparición desta peaxe. A Comisión de Seguimento da AP-9 tamén analizou a evolución do enlace orbital en Santiago. Fomento xa iniciou as expropiacións. O Mministerio comprométese a financiar con cargo aos orzamentos do Estado todas as actuacións na AP-9, para que non incidan na tarifa que pagan os usuarios.